14ª Mostra de Arte Gas Natural Fenosa

14_Mostra
[Versión en español]

1. Participantes e obras

1.1. Co obxecto de promocionar e dar visibilidade aos novos valores artísticos, convócase a 14ª Mostra Gas Natural Fenosa á que poderán concorrer cunha soa obra artistas nados ou afincados en España.
1.2. Os participantes terán completa liberdade temática e serán admitidas todas as técnicas, procedementos e tendencias artísticas.

2. Presentación de documentación

2.1. Os interesados deberán remitir o formulario de inscrición, dispoñible na páxina web do MAC, antes das 14.00h (GMT +1) do 15 de xuño de 2016. Devandito formulario, que deberá ser debidamente cumprimentado exclusivamente online, consta dos seguintes campos:
a) Datos persoais do participante.
b) Ficha técnica da obra presentada.
c) Texto explicativo da obra.
d) Un máximo de tres fotografías da obra presentada a concurso, y un link se se trata dun vídeo.
e) Currículo profesional ordenado cronoloxicamente desde a actividade máis recente.
f) Breve dossier artístico con fotos de obras recentes.
g) Fotocopia do DNI (e documento acreditativo de residencia para os afincados en España).
h) Aceptación das bases da 14ª Mostra.
i) Aceptación das condicións en cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD).

3. Proceso de selección

3.1. O proceso de selección constará de dúas fases:
a) Preselección: tras o peche do prazo de presentación de inscricións, o xurado realizará unha preselección das obras presentadas. O MAC fará pública a preselección do xurado, na última semana de xullo de 2016, a través da súa páxina web e poñerase en contacto con todos os artistas preseleccionados para indicarlles o período de recepción das obras.
b) Selección: de entre as obras recibidas no prazo indicado, o xurado realizará a selección definitiva, cuxo resultado será publicado no sitio web do MAC e comunicado aos autores seleccionados.

4. Premios

4.1. Establécense os seguintes premios e as súas respectivas dotacións económicas:
Primeiro premio: 15.000€
Segundo premio: 10.000€
Terceiro premio: 7.000€
Cantidades suxeitas á retención fiscal vixente no momento do pago.
4.2. O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios.
4.3. As obras premiadas e todos os seus dereitos pasarán a formar parte da Colección de Arte Contemporánea Española de Gas Natural Fenosa.

5. Xurado

5.1. O xurado da 14ª Mostra estará integrado por profesionais de recoñecido prestixio no ámbito da cultura e a creación artística. A composición do xurado farase pública coincidindo coa publicación do fallo do concurso.
5.2. A decisión final do xurado farase pública no mes de setembro de 2016, coincidindo coa inauguración de exposición.
5.3. A decisión do xurado será inapelable e a este corresponde resolver calquera circunstancia non prevista nestas bases. A interpretación destas bases é labor exclusivo dos membros do xurado.

6. Exposición

6.1. As obras seleccionadas pasarán a formar parte dunha exposición colectiva que se celebrará no MAC da Coruña en setembro de 2016.
6.2. As pinturas, debuxos e fotografías deberán presentarse preparadas para a súa exhibición.
6.3. As obras en formato audiovisual serán remitidas nunha memoria USB e deberán achegar indicacións técnicas para a súa correcta montaxe e exhibición.
6.4. As esculturas non poderá exceder o 100 kg de peso.
6.5. Non se admitirán obras realizadas en materiais perigosos para o seu transporte, manipulación ou para a integridade da propia obra.

7. Remisión, coidado e devolución de obras

7.1. Os gastos de embalaxe e transporte correrán a cargo do artista. Ditas obras poderán ser enviadas por calquera medio de transporte ou depositadas persoalmente nas dependencias do MAC. A embalaxe debe asegurar a integridade da obra e ser reutilizable, de tal forma que a devolución das obras seleccionadas póidase realizar no mesmo embalaxe.
7.2. En ningún caso se aceptarán obras en mal estado ou que non ofrezan todos os elementos necesarios para a súa correcta exposición.
7.3. As obras seleccionadas non premiadas serán retiradas a partir de clausura da exposición nun prazo máximo de quince días. Poderán retirar as obras os seus autores, persoas autorizadas e axencias de transporte previo aviso.
7.4. O feito de non retirar as obras implicará a cesión das mesmas por parte dos seus autores a unha institución cultural, docente ou de carácter humanitario, autorizándose expresamente ao MAC a efectuar a entrega das mesmas. O MAC non responderá de perdas, roturas, roubos, danos ou calquera outro dano que puidese producirse. En ningún caso as obras pasasen a formar parte da Colección de Arte Contemporánea Española de Gas Natural Fenosa.
7.5. O MAC emitirá unha póliza de seguro que cubrirá as obras durante a súa estancia no museo.
7.6. O MAC poñerá o máximo celo no coidado das obras recibidas pero declina toda responsabilidade por eventuais danos, extravíos, roubos ou calquera outra circunstancia que puidese producirse durante o seu envío e devolución.

8. Outras condicións

8.1. Os artistas seleccionados autorizarán que se cite o seu nome, así como a reprodución gráfica das obras seleccionadas e os seus respectivos textos explicativos para calquera tipo de difusión ou publicación que o MAC considere oportuno facer.
8.2. A participación na Mostra implica a total aceptación destas bases e a conformidade coa decisión do xurado.
8.3. A organización resérvase o dereito para facer modificacións ou tomar iniciativas non reguladas nestas bases, sempre que supoñan melloras que afecten directamente o éxito do certame.

Premio Julián Trincado

O Concello da Coruña, dentro da presente edición da 14ª Mostra, convoca o Premio Julián Trincado, dotado con 6.500€, conforme ás seguintes bases:
1. O premio outorgarase á mellor obra de autor galego presentada á Mostra.
2. O premio será único, non podendo ser dividido.
3. O premio non poderá ser declarado deserto.
4. O xurado será o da correspondente edición da Mostra, integrándose no mesmo un representante municipal designado pola Alcaldía.
5. O fallo do xurado será inapelable.
6. A peza gañadora pasará a ser propiedade do Concello da Coruña.
7. O Premio Julián Trincado réxese polas mesmas normas que a Mostra.

Email to someoneShare on FacebookTweet about this on Twitter
  1.  

    |